Asset Overview
A lenda fai mención a que a imaxe da Virxe do Leboreiro foi atopada nunha fonte existente no monte do Leboreiro, e trasladada ata a igrexa, pero desaparecía da mesma e volvía para a fonte, tantas veces como era retornada ó templo.
A lenda conta que para evitar que fuxira máis veces, deron en labrar a imaxe da Virxe no tímpano da portada principal, e dende entón xa se quedou definitivamente na igrexa.