Na porta principal aparece un interesante compendio zoomorfo (bestiario con representación de animais reais e fantásticos). No tímpano da porta aparece representada dun xeito moi dinámico a escena de Sansón en loita co león. Tamén pode interpretarse como unha alegoría da loita do ben contra o mal.