Fonte de San Vicente, Praza do Campo (Lugo)
Fonte barroca (1734) de granito feita polo arquitecto beneditino frei Manuel de los Mártires baixo o mandato do Bispo Izquierdo y Távira.
Formada por un vaso circular, o conxunto está dominado por unha estatua de San Vicente Ferrer en actitude de predicación. Os catro canos de auga xorden das bocas dos leóns que se atopan na parte baixa da estatua.