Asset Overview
![](http://oi65.tinypic.com/2h2ihpz.jpg)
►UBICACIÓN:
Situado no barrio da Moo, parroquia de Matamá (Vigo). Consulta a súa ubicación exacta [aquí](https://www.google.es/maps/place/42%C2%B011'26.2%22N+8%C2%B044'14.6%22W/@42.1906139,-8.7395693,17z/data=!4m5!3m4!1s0x0:0x0!8m2!3d42.1906139!4d-8.7373806).
► DESCRICIÓN:
Nunha rocha de 5 m (NE/SW) por 2,20 m (NW/SE) inclinada ao noroeste e que sobresae entre 20 e 40 cm do terreo, sobre a que aparece representada, na súa parte occidental, unha figura zoomorfa identificable cun cervo, de 42 cm de longo e 38 cm de alto. Diante desta figura, a uns 10 cm, dous círculos concéntricos con coviña central, A 80 cm ao norte desta figura,un círculo con coviña central (non aparece no modelo 3D).
Trátase do único petróglifo coñecido no Concello de Vigo no que aparece representado un cérvido.
Trátase dun Ben de Interese Cultural (BIC), catalogado (GA36057049).
Máis información [aquí](http://patrimoniogalego.net/index.php/1386/2011/06/petroglifo-das-millaradas-1-grupo-2/)