►FICHA TÉCNICA:
![] (http://oi63.tinypic.com/34pdp2r.jpg)
• Número de Inventario: 1619
• Título: *Posible retrato do Domiciano*
• Procedencia: Depósito do *Museo Nacional del Prado*. Foi depositado no *Museo de Pontevedra* por Real Orde de 23 de novembro de 1944.
• Material: Mármore Branco.
• Época/Cronoloxía: Moderna/s.XVII.
• Medidas: 19x14x21 cm.
• Coleccións: Colección Museo Nacional del Prado/Marqués del Carpio/Escultura romana/ Escultura s.VII.
► DESCRICIÓN:
Cabeza masculina co cabelo corto e rizado.Procede da colección de antigüidades formada polo Marqués del Carpio durante a súa estadía en Roma (1676-1682),parte da cal foi adquirida en 1728 por Felipe V á súa herdeira,a Duquesa de Alba.Aínda que anteriormente estivo catalogado como copia romana dun orixinal grego do século IV,actualmente considérase que se trata dunha copia moderna dun orixinal romano (probablemente dun retrato de Domiciano) do século I.
► AUTOR DO MODELO 3D: [Eloy Martínez Soto](https://sketchfab.com/eloymarso).