Asset Overview
![](http://lh3.ggpht.com/_e-UDIhsG_qg/R6Ysz3O1AwI/AAAAAAAADEw/cTFV3nIFP1U/s640/100_6327.JPG)
Representación de dúas alabardas con enmangue adscribibles ao Bronce Inicial, situadas no petróglifo da *Laxe de Sárdoma* (Vigo). Unha delas -a situada na parte alta e tamén a mellor conservada- foi representada co nervio central, mentres que a outra parece ser de folla lisa.
O petróglifo atópase nun afloramento granítico duns 15x12 metros aproximadamente, con gravados de distintos periodos. Ademáis destas alabardas, obsérvanse motivos circulares e coviñas. Tamén hai numerosas cruces de cronoloxía moi posiblemente medieval ou posterior.
Estás dúas alabardas son as únicas representacións de armas existentes dentro do termo municipal de Vigo.
Consulta [aquí](https://www.google.com/maps/place/42%C2%B013'01.6%22N+8%C2%B043'04.4%22W/@42.217119,-8.7184442,145m/data=!3m2!1e3!4b1!4m2!3m1!1s0x0:0x0!5m1!1e4?hl=gl) a súa ubicación.