Asset Overview
![](http://oi67.tinypic.com/m7uu81.jpg)
Pía de morteiro de granito procedente do Castro dos Remedios de Tirán (Moaña). Trátase dun bloque granítico de forma cilíndrica cunha endidura na parte superior. A pía foi movida do seu contexto orixinal e colocada cunha finalidade ornamental nun xardín dun particular nos anos 60-70. Malia todo isto, os seus propietarios indicaron que orixinalmente a pía estaba semienterrada nunha finca do Castro, concretamente no lugar de Canexada, nunha zona moi próxima as sondaxes arqueolóxicas realizadas en 2003, as cales determinaron a existencia dun asentamento do Calcolítico na zona.
A aparición do morteiro pode indicar por tanto a presenza dos restos dun fogar -e por conseguinte dunha casa- neste mesmo punto. O lugar onde foi descuberta a peza encóntrase no antecastro, onde os arqueólogos supoñen que debían de estar a maior parte das vivendas do antigo asentamento.