Asset Overview
![](http://oi66.tinypic.com/15zgxx.jpg)
►UBICACIÓN:
Situado no lugar de O Caeiro, Santa Baia de Meira, Moaña. Consulta a súa ubicación exacta [aquí](https://www.google.es/maps/place/42%C2%B017'24.5%22N+8%C2%B042'51.9%22W/@42.290146,-8.7149712,141m/data=!3m2!1e3!4b1!4m5!3m4!1s0x0:0x0!8m2!3d42.290146!4d-8.714424).
► DESCRICIÓN
Petróglifo desprazado do seu lugar orixinal e enterrado sen a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio de Galicia por mor dunhas obras no terreo dun particular.Gravado nunha rocha exenta, de granito de gran medio/groso.A rocha mide 5'50m.x2,50m. e ubícase na ladeira NE dun pequeno promontorio; presenta unha superficie rugosa propia da erosión e ten na zona do gravado un pequeno escalón natural de 10/15 cm con inclinación ao SW de forma suave.Está composto de tramos rectilíneos e cirulares concéntricos e cazoletas ou cruciformes no seu interior; ademáis, presenta outros gravados de difícil lectura.A rocha contén tamén marcas de canteiría e incrustacións de ferro.