Portada románica
Cronoloxía: Século XIII
Antiga portada norte da desaparecida igrexa parroquial de San Pedro de Melide, destruída no ano 1949. Nese ano edifícase a actual Capela de San Roque, con restos da vella parroquial e da tamén demolida Capela de San Roque (a antiga capela que se atopaba a 90m. ó oeste da actual).
A portada é un magnífico exemplo da arquitectura e escultura do románico do Camiño de Santiago. Conta con tres pares de columnas rematados por capiteis vexetais. Sobre xambas e columnas dispóñense as arquivoltas con unha profusa decoración de estética gótica (arquiños ou lóbulos, puntas de diamante e motivos florais). Tamén se destacan os cimacios con decoración de carácter vexetal e no da esquerda aparece representada a cabeza dun lobo amarrando polo cola a un basilisco ou dragón que está devorando a un home.