Asset Overview

*Modelo fotogramétrico*
►UBICACIÓN:
Situado no lugar de Erbello, San Cibrán de Aldán, Cangas do Morrazo. Consulta a súa ubicación exacta [aquí](https://www.google.es/maps/place/42%C2%B017'05.6%22N+8%C2%B048'10.4%22W/@42.284891,-8.8034392,138m/data=!3m2!1e3!4b1!4m5!3m4!1s0x0:0x0!8m2!3d42.284891!4d-8.802892).
► DESCRICIÓN
Trátase dun dos motivos máis destacados deste conxunto de gravados. Nel sobresae a figura dun posible guerreiro de perfil coroado con casco de cornos e brandindo unha espada en alto e un escudo redondo, cuberto cunha túnica. Ao seu carón aparece a representación dunha posible cabana de planta circular, cuberta cónica e porta cadrada.
O resto das gravuras son de moi difícil lectura. Existen tamén varias cazoletas.
Segundo o investigador Francisco Javier Torres Goberna, o conxunto data aproximadamente do período do Bronce III ou Final (1200-600 A.C).

*Calco de Antonio de la Peña Santos*